jueves, 21 de enero de 2010

SANTIAGO CATALÁN. Lunares



Inauguración: viernes, 29 de enero de 2010 a las 8 de la tarde


Santiago Catalán, que desde cativo andou ao carrelo do mundo e mais das súas xentes, decidiu un bo día vir dar en chairego -e non soamente por razóns de consorcio conxugal- coa naturalidade de quen sabe que volve pisar, agora cos pes do corpo, as laxes de tantos camiños antes soamente imaxinados. E así, coa confianza dos que xa son da casa, ven hoxe ofrecérsenos aquí, no ceme da Terra Cha, deixando que xurdan desde o interior dese profundísimo espello que é a pintura unha chea de íntimas promesas que reflicten un mundo de ideas por riba das imaxes, de sentimentos antes que figuras, de desexos por diante da liña e da cor.

Catalán é un pintor certamente agradecido para aaqueles que carecemos de auténtico criterio para opinar de pintura e que nos sabemos incapacitados para entrar no labirinto da súa crítica. E é así porque o seu traballo estimula a ese Freud cativo que todos levamos dentro e convida ao escritor a moverse por espazos que lle son máis propios e nos que diminúe considerablemente o medo a esvarar e, sobre todo, a mancarse na caída.

Pinto mulleres porque iso é o que me sae...", avisa o artista e así o comprobamos os demáis, que sabe se dipoñéndonos a caer no pedante exercicio de lle procurar motivacións de carácter máis o menos arrevesado a un comportamento que, despois da explicación por el confesa, resulta obvio e non precisa de maiores aclaracións. Se cadra poderíamos singularizar o substantivo: Santiago Catalán pinta -ou sente que debe pintar- a muller. E non soamente a femia do xénero humano senón a femia de todas as especies, a que posúe a capacidade xenial de suxerir nos demais cada pinta de vida nova antes de concedela por enteiro. A muller na moura fondura dos ollos amendoandos, na boca xa bicada que se ofrece outra vez, na curva delonga dos lóbulos que pechan a circunferencia metálica do pendente, na insinuante aréola duns peitos sempre túrxidos, na pinga omnipresente do pintado lunar da meixela, na insinuante actitude felina que cada trazo concede.

Ela...
Paco Martín


La exposición se inaugurará el próximo 29 de Enero y permanecerá abierta al público hasta el 19 de Febrero de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario